Mario Pansera. Decrecemento ou barbarie: os retos dunha planificacion dun mundo pos-crecentista
A conferencia de Mario Pansera “Decrecemento ou barbarie: os retos dunha planificacion dun mundo pos-crecentista” dentro do cliclo de conferencias “Crise climática ou crise do sistema?”. O acto será presentado por José Luis Outes, catedrático de teoría económica.
Vivimos nun sistema económico baseado no crecemento ilimitado nun planeta finito que nos levou a sobrepasar a maioría dos límites planetarios o que fai perigar a nosa propia supervivnecia. Na actualidade a viabilidade e conveniencia deste modelo de crecemento está sendo cada vez máis cuestionado por académicos, activistas e pola sociedade en xeral. Imponse a necesidade de deseñar un novo modelo económico ao que debemos transitar dende este sistema crecentista. O reto é deseñar un novo modelo postcrecentista onde non só se terán que levar a cabo melloras na eficiencia senon tamén reducir as formas menos necesarias de producción. Isto é o decrecemento, unha reducción planificada do uso excesivo de enerxía e de recursos para volver poner á economía en equilibrio co mundo vivinte de forma segura.
De todo isto falaranos Mario Pansera. Investigador da Universidade de Vigo, enxeñeiro de telecomunicación (Universidade de Nápoles – Federico II), máster en Economía e Xestión da Innovación (Universidade Politécnica de Madrid) e doutor en Administración pola Universidade de Exeter, Pansera está especializado na transición ecolóxica e sostible e na crítica ao concepto tradicional de crecemento e desenvolvemento económico. Conta ás súas costas cunha longa traxectoria investigadora, entre outras, nas universidades de Bristol e na Autónoma de Barcelona, institucións coas que seguirá a manter unha estreita liña de colaboración.