O IEM promove unha campaña “online” dirixida á UE para opoñerse aos parques eólicos da Serra da Groba.
O IEM reclama a Bruxelas que investigue a non ampliación da Rede Natura nos montes del Val de Miñor e do Baixo Miño e fai un chamamento á cidadanía a sumarse a esta iniciativa.
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acaba de rexistrar no seu portal a denuncia presentada polo Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) o pasado mes de abril para reclamar á UE unha investigación que axudase a clarexar os motivos polos que a Xunta de Galicia ven retrasando sistematicamente a ampliación de la Rede Natura á Serra da Groba, una figura de protección que defendería de xeito eficaz os montes do Val de Miñor e do Baixo Miño da ameaza que supoñen proxectos industriais como os cinco parques eólicos que prevén un total de 27 aeroxeradores de máis de 200 metros de altura.
O IEM fai un chamamento á cidadanía para que se sume a esta petición.
Cantas máis adhesións se manifesten máis reforzada se verá a iniciativa diante do Parlamento Europeo.
Para sumarse a esta nova fronte común en contra dos proxectos eólicos cómpre acceder a través da ligazón:
A Comisión Europea ven de comunicar a consideración da nosa denuncia e a apertura dunha investigación por un posible incumprimento, por parte do Estado español e da Xunta de Galicia, da obriga que teñen de propoñer unha cantidade abonda de lugares naturais para a conservación de determinadas especies e hábitats.
Desde o IEM alertamos da intención da Xunta de Galicia de promover a instalación de parques eólicos en lugares de gran biodiversidade . Estes parques industriais afectarán a especies e hábitats que deben ser conservardos.
Por esta razón, xa no ano 2014 propusemos a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura.
A Xunta sempre se negou a considerar esta proposta polo que non se estableceron medidas de protección e conservación, quedando así a Serra da Groba exposta a este tipo de agresións , indefensa e condeada á súa degradación.
Debemos conservar a Serra da Groba pola cantidade de servizos ecosistémicos que ofrece e dos que depende a supervivencia das poboacións dos concellos e comarcas limítrofes.
Animámoste a participar nesta campaña a través desta ligazón: