• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Ecoloxía
      • Enerxia
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
      • Toponimia recollida polo IEM
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Lingüística e literatura
      • Puga
      • Victoriano Taibo
        • Novembro con Taibo
    • Teatro
  • Actividades
    • Axenda
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
    • FACERSE SOCI@
IEM
  • Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Ecoloxía
      • Enerxia
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
      • Toponimia recollida polo IEM
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Lingüística e literatura
      • Puga
      • Victoriano Taibo
        • Novembro con Taibo
    • Teatro
  • Actividades
    • Axenda
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
  • Acceder
  • FACERSE SOCI@

Axenda eventos

  • Inicio
  • Axenda eventos
  • O camiño da Nosa Sra. do Norte da Portela á Capela do Remedios – Couso

O camiño da Nosa Sra. do Norte da Portela á Capela do Remedios – Couso

O vindeiro xoves 5 de xullo ás 18:30h terá lugar a segunda xeira de verán polo concello de Gondomar Camiño Nosa Sra. do Norte. O Portelo-Capela dos Remedios dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello de Gondomar, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será na Capela dos Remedios. Couso.

https://drive.google.com/open?id=1svgRtjWl38_pGikLie63Plwh8g49gZ_c&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

CAMIÑO DE NOSA SEÑORA DO NORTE. COUSO

Guía ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O camiño é un elemento básico na ordenación do territorio, podendo presentarse con diferentes rangos e categorías. Hoxe vamos centrarnos nun dos de xerarquía superior para o contexto que atravesa dende, cando menos, o medievo.

O Camiño de Nosa Señora do Norte a Santiago sepárase do central en Barcelos -Portugal- e logo de pasar polos concellos de Viana do Castelo, Camiña e Vila Nova de Cerveira entra en Galicia por Goián. A primitiva barca tiña desembarcadoiro ao pé da Fortaleza de San Lourenzo e tras bordear o Pazo-Torre dos Correa a vía pasa a Estás e logo ao Mosteiro e ao Seixo, en Tomiño, para continuar por Pousadela e Hospital, onde o topónimo fai referencia ao que existiu para peregrinos dende 1295. A continuación tira cara a Tebra e a seguir sobe por Cima de Vila para entrar no municipio de Gondomar pola Portela de Couso. Pasa pola capela dos Remedios e dende aquí segue baixando por Forca de Lobos ata Feira da Doce, na Estrada. Bordeando o Pazo do Conde de Gondomar continúa por Pousada ata o pé da parroquial de Mañufe e dende aí vai o barrio da Ponte para atravesar o Río Miñor (neste punto parece existiu un antigo hospitaliño). Continúa polo Cruceiro do Acordo, pasa polo Pazo de Fontán e xa entra na parroquia de Vilaza polo Cruceiro do Portelo. Segue polo treito empedrado ante o Pazo de Pampillón e chega á Areiña, lugar a partir do cal vai coincidir coa estrada real de Baiona ao Porriño ata O Tumbio, en Vincios, logo de atravesar nese lugar o río agora coñecido como Zamáns pero citado en documentos medievais como Miñor. A continuación polo barrio da Rocha chega ao Muiño Gaiteiro e dende alí, por detrás da Pasaxe, entra no actual concello de Vigo ante un antigo marco recolocado que indica o inicio de Valadares. O camiño continúa polas Furnas e a zona alta da igrexa de Castrelos para cruzar a Gran Vía e por Romil, a Falperra e Alfonso XII chegar á Colexiata. Dende aquí segue polo Areal ata a vila de Redondela onde volve enlazar co camiño central a Compostela.

Ao longo da xeira, coa desculpa deste camiño, veremos e comentaremos un importante patrimonio histórico, etnográfico e artístico que inclúe antigos marcos xurisdicionais, restos romanos, arquitectura vernácula presidida pola casa tradicional, parte do ciclo da auga, recintos sagrados e elementos da arquitectura tradicional e a etnografía relacionados con eles como cruces e cruceiros, transformacións recentes nunha paisaxe milenaria,… Todo durante as escasas tres horas que nos levará percorrer os 2,4 quilómetros do tramo de entrada no municipio de Gondomar ao longo da parroquia de Couso. Traxecto afectado de pouca dificultade. O punto de encontro é a capela dos Remedios, en Couso. Prégase puntualidade.

Data comezo

18:30

12 Setembro 2018

Remata

20:30

13 Setembro 2018

Lugar

Capela dos Remedios. Couso

Guías

Antonio Soliño Troncoso
Antonio Soliño

  • Compartir:

Inscricións

  • Prazas dispoñibles
    0
  • Prazas reservadas
    0
  • Custe
    Gratis
  • Núm. Persoas

Contacto

  •   oficina@iem.gal
  •   +(34) 986 36 05 75
  •   Av. Campo da Feira, 10
  •  36380 Gondomar, Pontevedra

O IEM

  • Que é o IEM
  • Novas
  • Contacto

Multimedia

  • Cursos
  • Axenda
  • Imaxes

Axuda

  • Facerse socio/a do IEM
  • Axuda

Móbiles

Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

  • Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Ecoloxía
      • Enerxia
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
      • Toponimia recollida polo IEM
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Lingüística e literatura
      • Puga
      • Victoriano Taibo
        • Novembro con Taibo
    • Teatro
  • Actividades
    • Axenda
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM

© 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

  • Política de privacidade
  • Aviso legal
  • Política de Cookies
[miniorange_social_login shape="longbuttonwithtext" theme="default" space="4" width="240" height="40"]

Inicie sesión con su cuenta de sitio

¿Perdiste tu contraseña?