II Concurso Fotográfico do IEM, “Serras do Galiñeiro, A Groba-A Valga”. “Patrimonio e Auga”
Amplíase o prazo de presentación de fotografías ata o domingo 22 de novembro ás 24:00h.
Pretende ser un punto de encontro para afeccionados á fotografía e sensibles ás temáticas relacionadas co medio, co entorno e o patrimonio natural.
BASES:
Partipantes
Poderán concorrer a este concurso as persoas afeccionados/as á fotografía, maiores de idade, sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.
Establécese unha categoría avaliada polo xurado e outra avaliada na rede social facebook polo público que o desexe.
Temática
Patrimonio e auga: Na serra do Galiñeiro e na serra da Groba/ A Valga
Valorarase:
Orixinalidade da proposta, capacidade para provocar emocións cara á temática, calidade estética e técnica.
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas.
Poderán ser en branco e negro ou a cor.
As fotografías presentaranse en formato dixital en tamaño 30×45 cms ( 300 píxeles por polgada).
Os participantes poderán enviar dúas fotografías como máximo.
As fotografías serán da propiedade do autor/a que se presente ó concurso.
Limitacións
As fotografías non levarán marcas de auga, palabras ou nomes que as identifiquen.
En ningún caso se admitirán fotografías que supoñan un prexuízo a integridade física ou moral de persoas individuais ou de todo tipo de colectivos.
Non se terán en conta para o concurso as fotografías que sexan fotomontaxes.
Presentación
Por correo electrónico (oficina@iem.gal)
Titularase cada fotografía cun nome.
No correo electrónico aparecerán tamén os datos persoais da autora/or (nome e apelidos, dni e teléfono).
Os participantes cumprimentarán e asinarán a folla modelo que aparece no anexo destas bases, onde se autoriza a exhibición e publicación da súas fotografías na exposición posterior ó fallo do xurado e nas redes sociais do IEM.
Prazo para presentación de fotografías: 20 de Setembro ó 20 de Novembro ás 24 horas
Xurado
Estará formado por fotógrafos profesionais e por integrantes da xunta de goberno do IEM.
O xurado resérvase o dereito da interpretación das bases do presente concurso e da resolución dos casos non contemplados, de acordo co seu criterio.
Entregaranse dous premios, un que falle o xurado e outro do público, atendendo ás votacións do público no facebook do IEM (máis me gusta, máis me encanta).
No caso que coincidan o fallo do xurado e o fallo do público na mesma fotografía, prevalecerá o fallo do xurado.
Os nomes dos premiados publicaranse nas redes sociais e na web do IEM a partir do 17 de Decembro.
Premios e exposición
Premio Xurado: 250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
Premio Público: 150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
2 accésit Xurado: Revelado 30×45 + publicación na REM
2 accésit Público: Revelado 30×45 + publicación na REM
14 Finalistas: Publicaranse as súas fotografías na exposición e na revista REM
O IEM revelará as fotografías premiadas en tamaño 30×45 para a súa exposición.
O IEM resérvase os dereitos da exposición e reprodución das fotografías premiadas, así como os dereitos de imaxe das persoas fotografadas que aparezan nelas, dando por feito que as persoas están ó tanto e aceptan ser expostos no salón de actos do IEM, nas redes sociais ou nos locais que o IEM contacte para tal fin.
Período de votación no facebok do IEM para o premio do público: 23 de Novembro ao 27 de Novembro do 2021
A entrega de premios e a inauguración da exposición fotográfica será o día 16 de decembro do 2022 no Multiusos Mercado de Sabarís.
Observacións
A participación neste concurso implica a total aceptación das bases reguladoras do mesmo por parte dos participantes.
Facebook queda completamente exento de toda responsabilidade e non avala, administra nin está asociado a este concurso.
IDEARIO:
ARQUITECTURA, ENXEÑERIA, ETNOGRAFIA E TRADICIONS NOS CURSOS FLUVIAIS DO VAL D E MIÑOR: MUIÑOS E LEVADAS.
Con este segundo certamen pretende dar a coñecer o salientable patrimonio etnográfico relacionado cos cursos fluviais do Val de Miñor, e promover a súa protección e posta en valor.
Zamáns, Matalagartos, Das Rasas, Touteiras, Miñor, Do Foxo, Cima de Vila, Traveso, Vilariño, Vilar, Briña, Mougás, Folón, Da Cal, Tamuxe… e tantos outros que mollan e proporcionan sustento, acubillo e vida a infinidade de especies animais e vexetais nas serras do Galiñeiro, A Groba e A Valga.
O territorio é froito do seu clima e da súa xeoloxía, e coma consecuencia, dos seus ríos. Todo isto conxugado con factores antrópicos, coma a densidade e asentamentos poboacionais e a singularidade da distribución das terras. Os emprazamentos poboacionais formáronse, á par das prácticas agrícolas e gandeiras, na procura da auga. A partires de ese momento a perspectiva do territorio e os ecosistemas mudaron de xeito significativo. Comezaron a proliferar, no Val de Miñor, os enxeños e a arquitectura fluvilal, co obxectivo de dominar as augas indómitas (nomeadamente as construcións ligadas a produción do alimento esencial) e favorecer as comunicacións entre as distintas poboacións debido ós accidentes xeográficos nun relevo tan esgrevio (pontes, pontellas, poldras…). Poderíamos falar da CULTURA DA AUGA
Para faceren comestible os cereais (trigo, avea e centeo principalmente) inventaron o muíño acolá no próximo oriente hai 10.000 anos. O millo (mediados do século XVII) acomodouse axeitadamente ás temperaturas galegas e as mesa e manteis da veciñanza e nas cortes dos animais. Millo, trigo e centeo cultiváronse dun xeito importante en Galicia, e nomeadamente no Val de Miñor, sobre todo millo e trigo. De aí a cantidade extraordinaria de leiras e campos cultivados a carón dos regatos e ríos, algún con muros de pedra de perpiaño de extraordinaria beleza. Os muíños, na nosa terra, tiveron a súa plenitude no século XVII coa instauración do cultivo de millo. O declive empezou a partir do 1937 coa creación de servicio Nacional do Trigo. Esta institución favoreceu a incautación de todos os puntos de transformación cerealista. O trigo tomoul o relevo o millo, a alimentación no noso país sufriu unha importante transformación. O millo irá progresivamente substituíndo o trigo, e nunha segunda fase, dende finais do século XIX, aumentando a superficie cultivada e o custe da vida.
Os arxinas moldearon as pedras dos muiños, das pontes, e se cabe, tamén dalgúns muros e murallóns, que pola orixinal e difícil feitura só poden ser obra dun artista do martillón e a buxarda. Denantes, elexiron a pedra no monte, para que os pedreiros a fenderan polo seu andar. As rodas dos muíños, por exemplo, faríanse cunha estrutura de granito especial, os canteiros traballaban con cuñas de ferro e madeira para manipular a pedra.
Bos canteiros había en Chan de Brito, en Camos…que educaban a pedra ao seu antollo.
O uso do territorio e o traballo comunitario ocupaban a meirande parte do tempo do nosos devanceiros, deixando parte del para o goce espiritual, físico e emocional que o discorrer da auga, da natureza lles proporcionaba. Eses moradores do Val senlleiro respectaban os ciclos da terra, as súas practicas comunitarias deixaron unha fonda pegada na arquitectura civil e no patrimonio inmaterial; lendas, tradicións, contos e cancioneiros e a toponimia que ainda hoxe se mantén (As restebas, as estivadas…). O respeto pola auga, pola terra tíñano como máxima, e transmitíano de xeración en xeración, O aproveitamento dos recursos hídricos, o seu control en épocas de carencia facía que tiveran unha vinculación cara o medio natural e un sentimento de ben común, traballo colectivo e de territorialidade por riba do que temos na actualidade os que habitamos este Val. Somos o que somos e chegamos ata aquí grazas o que fixeron os devanceiros. Progresar non significa anular ou esquecer o pasado, senón recoñecelo e adecualo os noso tempos, mudando o enfoque,
Non pretendemos facer sóo un certame fotográfico (artístico) destes elementos da arquitectura popular, senón tamén é un berro de auxilio as diferentes institucións sexa cal sexa o seu ámbito, e a veciñanza en xeral, para que se den conta que estamos perdendo a pasos de xigante moita da nosa identidade colectiva, do noso pasado e do noso presente. Falar do pasado con ton utópico e romántico é moi tentador, pero preocúpanos en gran maneira o futuro. Son sinais identitarias do que foi a Galicia agraria secular cun descomunal patrimonio etnográfico e antropolóxico, que non podemos deixar esquecido. As necesidades vitais e municiopais solápanse, somos conscientes que todo o patrimonio é difícil ou imposible de protexer dun xeito permanente. Pero si podemos exixir aos que nos representan que fagan esforzos por crear dinámicas como xa se fixeron noutros lugares (e funcionan), a prol da conservación e posta en funcionamento deste patrimonio.
Non deberíamos acostumarnos a ver as marxes dos ríos e regueiras arquitectura singular arruinada e agochada polas silvas. Un exemplo máis do abandono das prácticas agrícolas e, en definitiva, do rural.
Os muiños, prexotes, batáns, levadas, pontellas…son testemuños da vida rural doutros tempos, que poden e deben ter continuidade con outros usos, sen perder a dignidade como elementos arquitectónicos. Non os deixemos esmorecer ¡¡¡
MODELO QUE DEBEN CUBRIR QUEN PARTICIPE NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO IEM
Título da obra:
Nome e apelidos do autor:
D.N.I:
Teléfono de contacto:
Correo electrónico do autor:
O autor da fotografía autoriza a exhibición e a publicación da mesma nas exposicións e na rede social Facebok así coma nas redes sociais do Instituto de Estudos Miñoráns. A participación neste concurso implica a total aceptación das bases reguladoras do mesmo.
Sinatura do/a autor/a