Fallo do “II Concurso Fotográfico do IEM, Patrimonio e auga”
ARQUITECTURA, ENXEÑERÍA, ETNOGRAFÍA E TRADICIÓNS NOS CURSOS FLUVIAIS DO VAL DE MIÑOR
Este segundo certame pretende dar a coñecer o salientable patrimonio etnográfico relacionado cos cursos fluviais do Val de Miñor, e promover a súa protección e posta en valor.
Zamáns, Matalagartos, Das Rasas, Touteiras, Miñor, Do Foxo, Cima de Vila, Traveso, Vilariño, Vilar, Briña, Mougás, Folón, Da Cal, Tamuxe… e tantos outros que mollan e proporcionan sustento, acubillo e vida a infinidade de especies animais e vexetais nas serras do Galiñeiro, A Groba e A Valga.
O territorio é froito do seu clima e da súa xeoloxía, e coma consecuencia, dos seus ríos. Todo isto conxugado con factores antrópicos, coma a densidade e asentamentos poboacionais e a singularidade da distribución das terras. Os emprazamentos poboacionais formáronse, á par das prácticas agrícolas e gandeiras, na procura da auga. A partires de ese momento a perspectiva do territorio e os ecosistemas mudaron de xeito significativo. Comezaron a proliferar, no Val de Miñor, os enxeños e a arquitectura fluvilal, co obxectivo de dominar as augas indómitas (nomeadamente as construcións ligadas a produción do alimento esencial) e favorecer as comunicacións entre as distintas poboacións debido ós accidentes xeográficos nun relevo tan esgrevio (pontes, pontellas, poldras…). Poderíamos falar da CULTURA DA AUGA
.
Fotografías gañadoras
Accésits
1º Accésit Xurado “Ollo do inferno” Esperanza Araúxo Quintas
1º Accésit Público “A auga que crea natureza” Helena Mandado Moguín
2º Accésit Xurado “Pena” Jose Antonio Amador
2º Accésit Público “Movemento estático” Pablo Iglesias Pereira
Finalistas
Finalista “Equilibrios” Jorge Campos
Finalista “Enxeñería tradicional” Xilberte Manso de la Torre
Finalista “Fonte na Serra da Groba” Joaquín Cabral Domínguez
Finalista “Tensión superficial” Jorge Campos
Finalista “Muiños e auga” Pablo Iglesias Pereira
Finalista “Biqueira na fonte do Candal” Patricia Alonso Rodríguez
Finalista “Posta de sol na ponte da Ramallosa” Pedro Navarrete
Finalista “Patrimonio en espera 1” Ana Pita da Veiga
Finalista “Pontella” Ceres. S.
Finalista “Muiños do Calán” Ceres. S.
Finalista “Muiño do Melón” Estela Manso Martínez
Finalista “Outono na serra” Estela Mano Martínez
Finalista “Arqueoloxía das muiñadas” Esperanza Araúxo Quintas
Finalista “Setenta anos agardando por un saco de millo” Ángel Fernández Vilán