Regresar
"Vía Láctea A Groba" Antonio Pazos Pérez

Fallo do “I Concurso Fotográfico do IEM, Paisaxe e Territorio”

As serras do Val de Miñor orientadas de norte a sur, nomeadamente Galiñeiro e A Groba/ A Valga, cordais vertebradores da ría de Vigo e o esteiro do Miño, forman unha abraiante paisaxe de pedra, auga e mato. Teñen unha rica comunidade biolóxica, con variados hábitats prioritarios que favorecen a biodiversidade. Xunto coa serra do Galleiro, na Louriña, son un corredor ecolóxico para moitas especies. O seu perl esgrevio é sinal de identidade para toda a bisbarra, desde O Morrazo, A Louriña, Baixo Miño, O Condado ata Viana.

Podemos armar que a sensación de amplitude nestes cimos sobranceiros, de espazo aberto cando camiñamos por elas é moi reconfortante. Teñen moitos nexos comúns: a homoxeneidade morfolóxica, os cotos, as chans, as devesas, as panasqueiras, os aoramentos graníticos, os abrigueiros, as cavidades, os réximes hidrolóxicos con regueiras estreitas e encostadas, as levadas, os mitos e lendas, os garranos… Cando os ventos dominantes limpan de neboeiras o confín, o espello do mar reicte nos rochedos, nos teitos de pedra. Desde eles apréciase o innito.
Hai compoñentes da paisaxe que non percibimos pola vista unicamente, senón por outros sentidos e pola sensibilidade e a predisposición que teñamos cara o medio natural. Quen non percibiu o aroma do bosque, do tromentelo, do son da fervenza, o cantar dunha regueira, do sal do mar…?

A presión que os humanos exercemos sobre o medio, o despoboamento do rural e a desaparición dos cultivos tradicionais favorecendo o modelo de xestión forestal unicamente produtivista, os incendios e queimas, a mala ordenación do territorio cun incremento desmesurado de canteiras, construcións, estradas e infraestruturas variadas (liñas de tensión, eólicos etc) así como movementos de terras sen sentido en lugares que pola súas características deberían estar protexidos, favorecen a degradación dos solos e a mutación da paisaxe a un escenario onde o medio natural está practicamente antropizado e industrializado. Moitas destas feridas son case irreversibles, ameazando o patrimonio natural, cultural e a identidade territorial á que temos dereito.

A rica e variada paisaxe galega en mosaico de cores pasou a ter monocromía, favorecida polos monocultivos e a expansión humana cara o medio máis salvaxe. Cambiou o modelo territorial, expandindo as cidades e os seus servizos.
Levamos, coma especie, case 300.000 anos por estas terras, gran parte dese tempo vivimos vencellados e en harmonía co medio. O patrimonio herdado únenos cos devanceiros ou arrédanos se o perdemos.

Esiximos que as nosas serras recuperen, na medida posible, a súa forma natural, o seu cariz matricial. Non son instalacións industriais que transforman a natureza en lugares inhóspitos e desacougantes.

Con certeza conamos que este concurso axude a espallar o sentimento irrenunciable de que en estas Terras de Turonio o seus habitantes temos un compromiso coa terra, coa paisaxe e o territorio.

Fotografías gañadoras

"Vía Láctea A Groba" Antonio Pazos Pérez
1º PREMIO DO XURADO
“Vía Láctea A Groba” Antonio Pazos Pérez
1º PREMIO DO PÚBLICO
“A invasión dos paxaros de ferro”
Andrea García González

Accésits

Finalistas

Se atopou algún erro neste contido, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: