Xeira Alen Miñor XXV – O Ribeiro II Parte

45,0050,00 IVE inc.

Para poder facer a inscrición é necesario indicar o número de persoas que van a asistir así como a súa condición de socios/as do IEM.
Para facer unha inscrición mixta de socios/as e non socios/as é necesarios facelo en dous pasos.

Primeiro seleccione a “condición” e número de persoas e pulsar o botón “Engadir ao carriño” e seguidamente facer o mesmo seleccionando a outra “condición”.

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,

Concellos de Castrelo de Miño, Toén, Ribadavia e Leiro

Itinerario aproximado

Santa María de Castrelo de Miño

Situada nun enclave extraordinario, dominando o encoro de Castrelo de Miño. A ábsida e maila torre son as partes máis antigas (Sec. XII). No interior as pinturas murais renacentistas resaltan considerablemente.

Santa María de Astariz (Sc. XVIII)

No seu interior conserva valiosos retablos de Salvador Carmona (1748) doados polo
conde de Troncoso, verdadeiro mecenas da comarca.

Castelo dos Sarmiento, Centro de Interpretación Xudea de Galicia

Dous dos lugares máis representativos da vila. O Castelo (Sec. XV) cunha necrópole altomedieval de gran valor, e o Cixga, o museo de referencia en Galicia sobre a historia dos xudeus nestas terras.

Museo do Viño de Galicia

Situado na Reitoral de Santo André de Camporredondo, edificio do século XVIII, antigo priorado para a explotación vitícola, dependente de San Martiño Pinario. Acolle a historia das cinco denominacións de orixe de Viño de Galicia, ademais de agochar dous espazos excepcionais como son a adega e os lagares.

Paseo á beira do Avia desde San Clodio ata Leiro

Cunha Ponte medieval declarada Ben de Interese Cultural ata Leiro por un tramo do sendeiro do Avia

CARACTERÍSTICAS DA XEIRA

  • GUÍA PRINCIPAL: NOEMÍ ÁLVAREZ (XEITURA, historiadora da arte)
  • SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00h de Gondomar, desde a explanada do Pavillón de deportes.
  • CHEGADA: As 9.30 horas o mesmo lugar de partida.
  • Prazas mínimas :35
  • Aberto o prazo de inscrición até un total de 56 prazas. Non se reserva praza até que estea aboada a xeira.
  • As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
    • PREZO SOCIOS/AS:  45 euros.
    • PREZO NON SOCIOS/AS:  50 euros.
  • O prezo inclúe a viaxe en autobús, xantar, seguro,  as visitas e guías.