“Coñecendo a contorna do noso colexio: o noso patrimonio”
“Coñecendo a contorna do noso colexio: o noso patrimonio”
A ANPA do CEIP Fontes de Baíña, en colaboración co centro, organiza para este venres, 22 de novembro a actividade “Coñecendo a contorna do noso colexio: o noso patrimonio” dirixida ao alumnado do centro e desenvolvida polo IEM (Instituto de Estudos Miñoráns)
PROGRAMA:
Obradoiros de arqueoloxía:
- Nestes obradoiros, impartidos polo especialista Manolo Ledo, do IEM, o alumnado aprenderá a facer lume de diversos xeitos, a tallar pedras para conquerir útiles e ferramentas de caza e corte, azar, a pintar como pintaban os nosos da idade de pedra, e analizarán os xeitos de vida dos primeiros homes e mulleres e como foron coñecendo as técnicas para subsistir primeiro como recolectores e despois como cazadores.
Documental “EQUUS” e charla sobre a historia do garrano da Groba, o único cabalo salvaxe no mundo:
- Esta curtametraxe sobre os cabalos da Groba, a súa orixe, os seus valores naturais e culturais e as testemuñas históricas que hai nas representacións dos gravados rupestres… dirixida pola sección de arqueoloxía do IEM, acadou o segundo premio do Festival Telearqueoloxía promovido pola Deputación de Pontevedra en 2016.
Exposición de calcos de petróglifos:
- O IEM montará unha exposición de calcos de petróglifos do Proxecto Equus con escenas de cabalos montados, cazados, etc… Esta exposición inaugurarase o propio venres 22 e permanecerá no centro dúas semanas.
Saída e visita guiada pola Serra da Groba:
- Cando o tempo o permita, o IEM realizará unha visita guiada pola Groba para ver in situ os garranos e o medio no que viven.
Para financiar esta actividade, a ANPA do CEIP Fontes solicitoulle ao Concello de Baiona unha subvención no marco da súa convocatoria de axudas para actividades culturais.