Renovables si, pero non así!
Dadas as especiais circunstancias derivadas da pandemia COVID19 e das dificultades -cando non imposibilidade- de completar accións informativas coa cidadanía, atendendo ademáis as suxestións recibidas, o IEM promove unha campaña de RECOLLIDA DE SINATURAS para que as persoas que así o desexen poidan
- MANIFESTAR a súa absoluta OPOSICIÓN á inxustificable INDUSTRIALIZACIÓN da SERRA DA GROBA mediante a instalación de 44 AEROXERADORES fraudulentamente repartidos en 6 PARQUES EÓLICOS,
- DENUNCIAR a OPACIDADE do modelo seguido na adxudicación e tramitación dos expedientes así como o APROVEITAMENTO da COVID19 para DIFICULTAR a PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e
- SOLICITAR da XUNTA DE GALICIA a inmediata PARALIZACIÓN dos EXPEDIENTES e a MODIFICACIÓN da NORMATIVA que os regula
Para asinar deberás descargar o formulario que xuntamos . Para iso sitúa o punteiro sobre a páxina que desexes e clica co botón dereito do rato. Selecciona a opción “Gardar imaxe…” para podela imprimir.
Convidámoste a participar nesta campaña recollendo algunhas sinaturas no teu entorno próximo. Para facernos chegar a túa folla de sinaturas podes contactar con nós en oficina@iem.gal
Moitas grazas pola túa colaboración!
– Porque as obras de instalación (pistas, movementos de terra, escavacións, explanacións… ) destrozarán
para sempre a paisaxe natural da nosa serra.
– Porque atentan directamente contra a biodiversidade (fauna, flora) e os cursos de auga da Serra da Groba.
– Porque desprezan o noso patrimonio natural, cultural, histórico, arqueolóxico e etnográfico.
– Porque non son alternativa enerxética. Non nos liberarán do consumo de petróleo ou gas.
– Porque forman parte dun Plan Eólico claramente deseñado para favorecer ás grandes empresas a costa
da cidadanía e amparado pola Xunta de Galicia coa súa “Lei de Depredación” (Lei 5/2017, de 19/10)
– Porque non é certo que xeren riqueza nas parroquias, nos concellos ou nas comarcas afectadas.
– Porque non é certo que xeren postos de traballo estables nin que axuden a fixar poboación no rural.
– Porque hai alternativas, outras fontes de enerxía e outros modelos enerxéticos, económicos e sociais!