
DECEMBRO 2021: “Mais aínda seguimos aquí…”
“Mais aínda seguimos aquí…”
Pechamos outro mes de intenso traballo na defensa das serras da Groba e do Galiñeiro, e na defensa do país galego fronte a “Pandemia Eólica” fomentada pola Xunta de Galicia.
Porque se trata xustamente diso. Nin máis nin menos. O obxectivo é converter Galicia nun megapolígono industrial eólico para mellor beneficio das catro grandes fortunas por todos e todas coñecidas e sempre á conta da cidadanía.
Saudamos ó novo mes de decembro anunciando que aí seguiremos traballando no novo ano que xa asoma no horizonte…
O noso obxectivo é moi claro:
Queremos que as serras da Groba e do Galiñeiro sexan declaradas “ZONAS LIBRES DE EÓLICOS”.
E para iso cómpre “borrar do mapa” esas ADE,s (Áreas de Desenvolvemento Eólico)
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!