AS BERLENGAS E PANXÓN-Texto nº6 de Xosé Lois Vilar Pedreira
Os mariñeiros vellos dicían As Berlingas. Están sete millas fronte ó cárcere salazarista de Peniche que Rosa Aneiros empregou na súa novela Resistencia. É unha illa, A Berlenga Grande, habitable e habitada, e uns illotes ó pé dela e nun grupiño polo oeste. Traémolas hoxe aquí polo irmanamento toponímico que imos comprobar. Ó grupiño citado chámanlle As Estelas, unha é a Ilha Edralâo, outra A Estelae unhas pedras As Medas. Outro grupo son Os Farilhoes, o mesmo que os nosos Carallónsque nalgunhas cartas e mapas veñen como Los Farallones ou Os Farallóns. Nun deles, chamado O Faralhâo da Cova, está A Gruta do Rabo D’Asno. Na Berlenga Grande está A Praia do Carreiroe o bastión defensivo do século XVI e O Forte de San Joao Baptista.
A noite do 13 sairemos do porto de San Xoán e Panxón, pasaremos entre A Estela de Terra e Monteferro cara A Meda, viraremos ó sur en Rabudasno e navegaremos ó solpor dos Carallóns.
O 19 de novembro de 1930 naufragou nos Farilhoes o Highland Hope da Nelson Lines. Eran as 4h45′ da madrugada con neboeiro vasto.
Que barco, da mesma compañía, foi ó fondo entre os nosos Carallóns e o noso Rabudasno? Foi o ano anterior.