![](https://iem.gal/wp-content/uploads/2019/08/1AA.-TEXTO-1-foto-dunas-Gaifar..jpg)
GAIFAR . Texto nº1 Xosé Lois Vilar Pedreira
É o nome que recibía a enorme acumulación de area que até os 60 ocupaba a superficie entre a vía do tranvía e o areal de Panxón. Modernamente esta realidade orográfica coñecémola como dunas que é palabra do holandés, errantes algunhas.
En moitos sitios do país existe o fenómeno e non digamos na costa portuguesa, no Pinhal do Camarido en Caminha ou en Peniche.
O Xil e mais servidor teimanos en recoller o nome patrimonial nome vivo na fala como substantivo ou vivo como topónimo. Os resultados foron extraordinadores a falta de máis dedicación.
Frente As Berlingas, e dicimos Portugal, custounos achar O Medao Grande, en Salcidos (A Guarda), pé do Miño, O Tombo de Area e O Tombo nas Sías e o Tombo do Gato perto de Samil, xa en Bouzas había A Madorniña; A Barronca Grande e Pequena e As Barronqueiras, o conxunto na Cangas de Ivan Sestai e quizais Os Ballotes cangueiros e do Carril (Vilagarcía), Modorróns en Aguiño, montes de area os grandes e mouteiras as pequenas en Corrubedo; A Amalloeira na Ornanda do Son e A Amalloeira Grande e Pequena na Lagoa de Xerfas (Muros). Son Os Motroncos en Carnota, monteiróns no Sardiñeiro fisterrán, sabreiros e terrellouzos en Covas (Ferrol) e morouzos en Perillo por nota de Xurxo Souto.
Pero como lle chamamos en Panxón e na Ladeira ás farturas areentas da beira do Pego?