Xeira Alén Miñor – Bisbarra do Deza
Preme aquí para Reserva de praza Xeria Alén Miñor Bisbarra do Deza
Itinerario aproximado:
Día 8 de Outubro, sábado
- Museo “Manuel Lamazares”, Rodeiro Area de arqueoloxía, con materiais procedentes dos castros da contorna e as escavacións da vila romana. Área de etnografía, con obxetos relacionados cos oficios (carpinteiros, ferreiros, traballo del lino). Area de pintura permanente do pintor José Luis Vázquez (Vilaseco), con temática costumista.
- Pendellos de Río
- San Salvador de Camba, Casa natal do cardenal Manuel GilCastro Pequeno e das Edras de Salto
- Pazo e igrexa Románica de San Xoán de Camba Recinto amurallado defendido por torres ameadas cun foso empedrado que podía ser mesmo asolagado. A súa torre, parte máis antiga, data do século XII e foise ampliando ata o século XVII. Nos séculos XVI e XVII, transformouse nun pazo que aínda conserva trazas da fortaleza.
- Fortaleza medieval de Fafián (Tulla de Outeiro) e contorna A construción componse dunha torre duns oitenta metros cadrados de base, con tres plantas con ben labrados bloques de granito, fiestras con arcos xemelgos con parladoiros, chemineas, escaleiras e garitas para a defensa… No lugar de Outeiro consérvanse tamén un par de casas de labregos podentes, con curiosos hórreos e un orixinal pombal empoleirado nunha rocha, que forman coa torre un fermoso conxunto, e, escasamente a cincocentos metros está a vila romana de “Porto de Arcos”
XANTAR EN RODEIRO
- Ponte baixo medieval de Pedroso e hórreo Conta cun un só ollo feito cun gran arco a base de doelas de granito que apoian en dúas bases de cantería, feitas enriba da rocha da beira do río Arnego. Tamén con peitorís de pedra para protexer o borde da súa calzada. Une os concellos de Rodeiro e Lalín.
- Museo do Campo e a mecanización, Silleda É unha homenaxe ás nosas orixes; a todos os galegos e galegas que ao longo da historia viviron das súas terras e traballo. Móstrase a evolución do campo galego e a súa mecanización, agricultura e gandería a través de utensilios tradicionais.
DURMIR EN SILLEDA
Día 9 de Outubro, domingo
- Igrexa barroca e baldaquinos de Santa María de Dozón. Igrexa barroca que tamén mostra elementos románicos e góticos e unhas interesantes pinturas e baldaquinos. A primeira delas e a mais antiga aparece nun dun dos muros laterais, outra no retablo principal recentemente restaurado e a terceira de moderna factura é que se leva en procesión.
- Muíños e conxunto etnográfico de San Pedro de Vilanova
- Castro de Maceira, Dozón
- Carballo centenario de Sanguiñedo e paseo pola contorna
- Cruceiro de Sisto
- Xantar en Lalín
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00h de Gondomar, desde a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: Aproximadamente as 20.00 horas, o domingo, mesmo lugar de partida.
Prazas mínimas :35
Aberto o prazo de inscrición até un total de 50 prazas.
As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
• PREZO SOCIOS/AS: 150,00 euros.
• PREZO NON SOCIOS/AS: 160,00 euros.
O prezo inclúe a viaxe aloxamento en habitación dobre ou individual, autobús, comida, seguro, as visitas e guías.