Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro: Carlos Casares. Vida e literatura. De Damián Villalaín.

Presentación de

Carlos Casares. Vida e literatura.

De Damián Villalaín.

Unidos pola amizade con Carlos Casares, Camiño Noia desde a súa etapa de compañeiros de carreira na Universidade de Santiago e Damián Villalaín compartido responsabilidades na Editorial Galaxia durante máis dunha década, ambos amigos ofrecerán unha breve “tertulia” á maneira do lembrado e celebrado Carlos Casares.
Damián Villalaín (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e na actualidade profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Escritor, crítico teatral, editor e xornalista, traballou na revista "Tintimán" e nos xornais "Atlántico diario" e "La Voz de Galicia", foi director do Centro Dramático Galego e subdirector da editorial Galaxia (1991-2002). En 2002 encargouse, xunto con Xan Carballa, da edición do libro Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. Membro da Fundación Carlos Casares, é un dos mellores coñecedores da figura humana e literaria deste escritor.
O acto terá lugar o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:30 horas, para poder rematar ás 22:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Está en:  Inicio
Skip to content
Carteleira do Ciclo GONDOMAR DOCUMENTA
Mércores, 04 Agosto 2010 18:08

Calendario1-webAchegamos a carteleira de filmes que ímos proxectar durante o ciclo de cine GONDOMAR DOCUMENTA.

Ler máis...
 
Prepárate para a Xeira de Couso
Martes, 03 Agosto 2010 20:25

Sin_ttulo-1_copiaO vindeiro mércores, 4 de agosto ás 18,00 h. sairemos do local do IEM. O percorrido desta visita iniciase por terras de Santa María de Tebra, onde visitaremos A Pedra dos Mouros, a maior superficie de arte rupestre prehistórica de Galicia.

Ler máis...
 
Remate da primeira etapa dos traballos arqueolóxicos no xacemento O Cabrón.
Martes, 03 Agosto 2010 22:57
o-cabron-3-webNos traballos de hoxe no xacemento de O Cabrón (Concello de Arbo), do Paleolítico Inferior, atopáronse novas pezas.
Ler máis...
 
O Xacemento de O Cabrón fornece información relevante sobre o Paleolítico Inferior en Galicia.
Venres, 30 Xullo 2010 21:53
O Cabrón lascaAs escavacións no xacemento de O Cabrón, Concello de Arbo, achegaron ata o de agora máis de noventa pezas atopadas nunha área de nove metros cadrados. Entre os obxectos cóntanse núcleos, lascas de cuarcita de diferentes tamaños, así como bifaces en perfecto estado de conservación.
Ler máis...
 
Tres das cinco persoas atopadas nas fosas de San Xián descansan nos nichos familiares
Martes, 03 Agosto 2010 21:09
urnas-das-persoas-exhumadasLogo dun ano de comezados os traballos no devandito cemiterio, Abilio Araújo Losada, Manuel Prudencio do Rosario e seguramente Manuel ou Jesús "O palero de Laureana" recibiron sepultura o pasado sábado pola tarde.
Ler máis...
 
A Xeira de A Valga a San Xián en Imaxes.
Xoves, 29 Xullo 2010 22:00
xeira-webPara aqueles que participaron e para os que non, achegamos este viaxe virtual polo sendeiro circular que vai dende o Curro de A Valga (concello de Oia) ata os cumes dos montes de San Xián. Pica aquí
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 Seguinte > Final >>

Páxina 191 de 199