Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta.
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.
O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.
María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."
O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.
Está en:  Inicio
Skip to content
VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro
Escrito por IEM   
Mércores, 26 Maio 2010 01:53

Guillermo Rodríguez. Foto Riobó PradaO próximo venres 28 de maio de 2010 ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas terá lugar o acto de entrega do VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro a Guillermo Rodríguez, director do xornal “A Peneira” pólo suplemento “A Perneira do Miñor”

No acto intervirán, o Presidente da asociación *Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, *que realizará a xustificación do premio ao que responderá o premiado Guillermo Rodríguez, director de “A Peneira”

Ler máis...
 
Xosé Vázquez Pintor presenta o seu último libro "Máis Vidas"
Escrito por IEM   
Mércores, 12 Maio 2010 11:42

O próximo mércores 12 de maio ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación de "Máis vidas", último libro de Xosé Vázquez Pintor, editado por Edicións Espiral Maior, no que se inclúe unha serie de crónicas de vidas estremas, cunha prosa de alta tensión e gran beleza literaria, culminación dunha traxectoria narrativa intensa, unha das mais importantes en lingua galega do ultimo decenio.

Ler máis...
 
Suspendida a tertulia co profesor Bermejo Barrera
Escrito por IEM   
Venres, 14 Maio 2010 13:30
Amigos e amigas do IEM
Infelizmente, por razóns de enfermidade grave dun familiar, o prof. Bermejo Barrera non pode estar con nós esta noite, polo que a Tertulia de hoxe queda suspendida
Serntimolo
 
Última conferencia do cliclo de arqueoloxía "Pedro Díaz" a cargo de Eduardo Méndez
Escrito por IEM   
Mércores, 28 Abril 2010 20:09
Última conferencia do ciclo de Arqueoloxía “Pedro Díaz” impartida polo director da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, Eduardo Méndez Quintas
Ler máis...
 
Tertulia con J. Carlos Bermejo Barrera
Escrito por IEM   
Venres, 14 Maio 2010 11:09

Unha nova TERTULIA DO IEM terá lugar o próximo venres 14 de maio. Nesta ocasión estará con nós o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela J. Carlos Bermejo Barrera que será presentado polo arqueólogo e vicedirector do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar Pedreira.

Ler máis...
 
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
Escrito por IEM   
Luns, 19 Abril 2010 18:34
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo *Apartado 30, 36380, Gondomar*, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 200 de 203