Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.
Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio
Skip to content
Rexistros da Memoria:" Fillos de roxos" IV
Martes, 07 Decembro 2010 00:11

Benedita

Embed Embed this video on your site

Neste capítulo cuarto da serie "Fillos de Roxos" dos Rexistros da Memoria, contamos coa testemuña de Benedita Alonso Rodríguez (1932). Filla de Bernardo Alonso Prado, membro da Sociedade de Agricultores e Gandeiros de Coruxo e coñecido como "Bernardo Amanta". Bernardo viviu como fuxido os primeiros tempos do Golpe de Estado do 36 e logo entregouse ao cura párroco de Coruxo, rematando no cárcere. Á nai de Benedita, Carolina Rodríguez, coñecida como "Carolina a Portuguesa", cortáronlle o pelo e tamén mandáronlla ao cárcere por non delatar o seu home.

Ler máis...
 
Rexistros da Memoria:" Fillos de roxos" III
Xoves, 02 Decembro 2010 20:08

{youtube width="200" height="160"}KRzpPkRBNao{/youtube}

No terceiro rexistro que compartimos da serie Fillos de roxos, novamente contamos coa testemuña de Antonio Monroy. O episodio narra o encontro dun neno (Antonio) co asasino de seu pai nunha gamela. O relato describe as sensacións de un e outro, a inocencia con que Antonio vive a experiencia e a forma en que ese home resolve o encontro.

Ler máis...
 
Entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor de Morgadáns.
Luns, 06 Decembro 2010 22:31

CARTEL-acto-vtO vindeiro sábado día 11 de decembro, nos locais da Escola de Guillufe (Morgadáns) terá lugar a entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Arroupada por varias e variadas intervencións, Mª Goretti Fariña recibirá de mans do presidente da Entidade Local de Morgadáns o cheque de 3000€ co que está dotado o premio; de mans do artista Fino Lorenzo, a escultura conmemorativa deste evento; e, ademais, terá nas súas mans exemplares do libro publicado polo IEM Devastacións dispoñibles, a súa obra gañadora do devandito certame.

Ler máis...
 
As cinzas de Francisco Fernández del Riego descansan en San Pedro de A Ramallosa
Martes, 30 Novembro 2010 20:00

cenizas


Nunha humilde e sinxela homenaxe foron depositadas hoxe as cinzas de Francisco Fernández del Riego no cemiterio de San Pedro de A Ramallosa.
 
Adeus a Marcos Valcárcel.
Luns, 06 Decembro 2010 22:28

marcos_valcarcelO historiador, escritor e profesor Marcos Valcárcel faleceu onte á mañá en Ourense. Amigo de moitos miñoráns e do IEM, Valcárcel naceu na cidade das Burgas en 1958, recibiu numerosos premios polo seu labor investigador e literario, entre eles a Medalla Castelao en 2009.

Ler máis...
 
Fillos de Roxos: Testemuña de Antonio Monroy
Martes, 23 Novembro 2010 03:44

{youtube width="200" height="160"}uC6O9psgC1Q{/youtube}

Antonio Monroy tiña tres anos cando un grupo de falanxistas e gardas civís irromperon na súa casa, pola noitiña, para levarse ao seu pai. Uns días despois cando ía coa súa nai a levarlle o xantar a cadea recibiu a nova de que xa non estaba alí. Na súa memoria quedou rexistrado o drama familiar simbolizado na tristeza e profunda dor que afogou, en vida, á súa nai, e tamén á miseria económica que os acompañou durante os anos de terror do franquismo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Final >>

Páxina 201 de 220