Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro "Tras os pasos do Conde de Gondomar. Unha viaxe alén Miñor
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 12 Xuño 2016 23:12

img_01

O vindeiro venres 17 de xuño, ás 8:30 da tarde, na sede do IEM –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Antonio Soliño Troncoso, arquitecto e membro da xunta de goberno do IEM, presentará un libro de viaxe por terras de León e Castela escrito baixo o pseudónimo X Mourisca. O libro, que abrangue personaxes, paisaxes, historia, historias, gastronomía e lendas dos territorios atravesados mesturadas con diferentes vivencias dos compoñentes da viaxe, ten como fío condutor a don Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626), I conde de Gondomar.

Ler máis...
 
Exposición gravados monotipo + cerámica Peixes de tinta e barro
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 04 Xuño 2016 23:05

Expóñense por primeira vez no Val de Miñor  gravados monotipos baseados na técnica xaponesa chamada Gyotaku. Esta técnica naceu da necesidade que tiñan os pescadores de anunciar a súa mercadoría na praza. Na segunda metade do século XX o Gyotaku converteuse nunha manifestación artística.

A mostra que se presenta na Capitanía Marítima de Baiona reúne gravados de distintas especies da fauna mariña galega; fauna que tamén é a fonte de inspiracións das pezas que presenta a ceramista Ana Fuentes.

rsb359-1

 

 
A Cabaqueira. A fabricación artesanal de tella do país
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 07 Xuño 2016 22:25

O xoves 16 de xuño de 2016 no Instituto de Estudos Miñoráns en Gondomar presentamos a exposición A CABAQUEIRA, dedicada á fabricación artesanal de tella do país con todo o material empregado polos telleiros.

Ás 20.30 horas o telleiro e investigador, José Álvarez Alonso, "O Buraco", impartirá unha conferencia sobre o tema e fará unha demostración de fabricación de tellas e ladrillos de xeito manual.

A exposición permanece aberta ó público dende o pasado xoves ata finais de mes, de 18 horas a 20.30 horas.

cartel-a-cabaqueira

 

 
Ciclo de actividades " O monte e nós"
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 30 Maio 2016 22:24

O vindeiro venres 3 de xuño comeza un ciclo de actividades " O monte e nós" nas que colabora SOS Groba e o IEM. A primeira, a inauguración da exposición " Ceibes no monte" coa proxección documental " O garrano" por Xilberte Manso na terraza do Mosteiro. Casa cultural de Oia ás 20:00h.

expofinal

o monte e ns

 
Día Internacional dos Arquivos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 05 Xuño 2016 13:55

 

captura de pantalla 2016-06-05 a las 14.03.13CONFERENCIA

ARQUIVOS, TOPONIMIA E TRADICIÓN ORAL

Impartida por D. Xosé Lois Vilar Pedreira, Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, membro da xunta directiva do Instituto de Estudos Miñoráns e membro de Agon (Asociación Galega de Onomástica). Gran coñecedor da toponimia, como o demostran as súas múltiples publicacións e conferencias, e pioneiro no estudo da talasonimia.

 

Mostra de documentos sobre o tema.

 

VELADA MUSICAL

Para rematar, contaremos coa participación das violinistas Da. Antía García Diz e Da Montserrat Vilasante Ferreiro, que interpretarán:

- Dúos, Op. 87 de CH. de Bériot: Moderato, Adagio, Andantino, Andante

- Sonata nº 5, Op. 12 de Jean-Marie Leclair: Allegro ma poco, Andante, Presto

- Dúo nº2, Re Mayor de Francesco Geminiani: Allegretto, Adagio, Allegretto

 
Mesa redonda " O muro de Europa contra as persoas refuxiadas"
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 09 Maio 2016 23:47

cartaz mesa redonda europa refuxiados igadi concello de nigrn

O IGADI e o Concello de Nigrán reflexionarán sobre Europa e a crise dos refuxiados

 

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e o Concello de Nigrán, organizarán o próximo xoves 12 de maio, a partir das 19:3 0 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Nigrán (Praza da Constitución, s/n), a mesa redonda “O Muro de Europa contra as persoas refuxiadas”, evento que permitirá reflexionar sobre as consecuencias humanitarias do recente acordo entre a Unión Europea e Turquía, o drama humanitario da persoas refuxiadas de conflitos próximos ás costas mediterráneas, e as implicacións xeopolíticas do conflito de Siria na configuración dun “novo Oriente Medio”.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 198