Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
Outubro recibe o ciclo “Cine e Memoria II” no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 26 Setembro 2014 20:29

webCine_memoria

O informe provisional do Relator da ONU, Pablo Greiff  trala súa visita a Galicia en xaneiro, así como o reclamo do mesmo organismo –por 4ª vez – ao Estado español para que cumpra coas diferentes lexislacións que en materia de dereitos humanos ten asinadas, reflicten o estado marxinal na que se atopa a problemáticas das vítimas do franquismo e a impunidade dos crimes dese réxime. As xornadas provinciais de Memoria Histórica organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos no 2009, deixaron en evidencia que arestora emprender unha investigación na procura de información para esclarecer o acontecido así como calquera intento de desenvolver exhumacións de fosas enfronta innumerables pegas por parte das administracións públicas.

Ler máis...
 
“Pontevedra nos anos do medo”, un libro que creba o silencio sobre a represión franquista en Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 03 Decembro 2013 02:18

presentacion-iem

Máis de 70 vítimas da represión franquista en Pontevedra entre os anos 1936 - 1939 quedan rexistradas no libro Pontevedra nos anos do medo, que presentou o profesor Xosé “Pepe” Álvarez Castro o pasado venres 29 de novembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A obra é froito dunha longa pescuda nos arquivos do Estado español e de Galicia, así como na recollida de centos de testemuños orais. Este traballo permite ao lector achegarse aqueles anos “do medo” a través dun traballo que preocupouse en contextualizar toda a información para unha mellor compresión dos primeiros anos da ditadura en Pontevedra.

Ler máis...
 
Convocatoria para a homenaxe na Volta dos 9 PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 08 Outubro 2013 18:24

volta-dos-nove_150_180

O vindeiro domingo 13 de outubro, ás 13 horas, volveremos  reunirnos en torno al monumento "Volta dos Nove", na curva da Bombardeira (Baredo - Baiona). Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembraremos a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona - Camposancos.

A sinxela homenaxe do domingo consistirá nun momento de recollemento fronte ao monumento, obra do escultor Fernando Casás, unhas breves palabras do historiador Carlos Méixome, director do IEM, e unha ofrenda floral.

Ler máis...
 
Coloquio no Centro Goianés na memoria dos mestres de Tomiño represaliados durante o golpe militar de 1936. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 22 Abril 2013 19:10
cartel-charlaB
O vindeiro xoves 25 de abril ás 20:30 horas no Centro Goianés terá lugar unha lembranza dos mestres de Tomiño represaliados durante o golpe militar de 1936. O acto contará cun coloquio a cargo dos profesores de historia Carlos Méixome (director do IEM) e Bieito Alonso Fernández, autor do libro Antón Alonso Ríos. Biografía: crónica dunha fidelidade. Durante o encontro terá lugar a proxección do documental "Prohibido recordar", dos directores Txaber Larreategi, Josu Martínez.
Ler máis...
 
O IEM participará da XVI Semana Galega de Historia. "Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria". PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 26 Novembro 2012 21:46

Cartaz_XIV_SGH_20121-796x1024

Carlos Méixome (investigador, docente e director do IEM) exporá o tema "As fosas de San Xián. Un modelo de exhumación", no que será a achega desta casa na XVI Semana Galega de Historia. "Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria". O congreso que terá lugar entre os días 29 de novembro ao 1 de decembro entre A Coruña e Oroso, está organizado pola Asociación Galega de Historiadores e o Instituto Galego de Historia.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 13