
15 de marzo: Manifestación contra os novos Proxectos Industriais Eólicos na Serra da Groba.
As COMUNIDADES DE MONTES de VILADESUSO e MOUGÁS, xunto co IEM, SOS GROBA, SALVEMOS MONTEFERRO, a Plataforma Veciñal TURONIO, e a asociación ECOLOXISTAS GALICIA ATLANTICA E VERDE convocamos unha MANIFESTACIÓN para o DOMINGO, 15 DE MARZO, ás 11 horas no ALTO DA MATA_FONTE DO ICONA (Baíña, Baiona), no quilómetro 10 da estrada EP-2202 Baiona-Loureza (GPS 42.080146°, -8.840318°) en REXEITAMENTO dos últimos PROXECTOS EÓLICOS presentados nos montes do concello de Oia pola empresa Arena Green Power. Afectando directamente ás parroquias de VILADESUSO e MOUGÁS en OIA; BELESAR e SABARÍS en BAIONA e BORREIROS en GONDOMAR.
A Manifestación rematará no ALTO DA GROBA (P.K. 11,500 da EP-2022. GPS 42.069878°, -8.830713°) onde se dará lectura ao MANIFESTO EN DEFENSA DA SERRA DA GROBA en contra da instalación de Proxectos Eólicos no seu territorio.
Vídeo “A GROBA LIBERADA”. Colaboración IEM-SOS Groba e Tino Baz:





