
“Desmaterialización, decrecemento e transición enerxética: claves a partires da tripla análise social, económica e enerxético-ambiental”
O vindeiro martes, 2 de setembro, ás 12:30, coa ponencia “Novo paradigma para o estudo dos proxectos eólicos en Galicia” o IEM participará no Curso de verán 2025 da USC “Desmaterialización, decrecemento e transición enerxética: claves a partires da tripla análise social, económica e enerxético-ambiental” organizado pola Facultade de CC. Económicas e Empresariais baixo a dirección de Rosa Mª Regueiro Ferreira, profesora titular de Economía Aplicada na USC.