
NON! á normalización do Apartheid Israelí e á participación do equipo ISRAEL Premier Tech na Volta Ciclista a España.
FAITE VER!
NON! á normalización do Apartheid Israelí e á participación do equipo ISRAEL Premier Tech na Volta Ciclista a España!
Resulta inadmisible a participación de calquera tipo de representación directa ou indirecta do estado israeli en eventos deportivos internacionais.
O IEM únese á mobilización cidadá que, de xeito absolutamente pacífico pero con total firmeza, pretende facer chegar á cidadanía en xeral, e neste caso á veciñanza do Val de Miñor e do Baixo Miño, un berro de radical humanidade e de rexeitamento da barbarie e do esquecemento.
O IEM anima á participación activa nesta mobilización pacífica achegándose á beira da estrada portando bandeiras palestinas, carteis, pancartas… con mensaxes claras de repulsa para dicir, alto e claro: NON ao deporte cómplice do XENOCIDIO en GAZA!