
O número 17 da NOVA ARDENTÍA chega á Guarda
A presentación terá lugar o vindeiro día 14 de novembro, venres, a partir das 19:30, no Local da A.C. Piueiro, no antigo edificio do bar O Pescador.
As intervencións serán presentadas por Tito Chirro, desta agrupación cultural da navegación tradicional.
Falarán:
. Bruno Centelles, do Instituto de Estudios Miñoráns (“A eólica mariña fronte as costas da Guarda”), e
. Emilio Ínsua, Rosa Fernández e Helena Pousa. do Consello de redacción da revista.
Agardámosvos!!



