
“VIDAS IRRENOVABLES” (F. Vaquero, 2024) no IEM
O vindeiro xoves 13 de novembro acolleremos no IEM a presentación da película documental “Vidas irrenovables”, dirixida por Francisco J. Vaquero.
https://youtu.be/y1I9B24ES08?si=yOZJUPmVlAnEuURO
“Vidas irrenovables” nos Premios Goya 2025:
https://www.premiosgoya.com/pelicula/vidas-irrenovables/
Neste evento contaremos coa presenza do director que estará acompañado por Bruno Centelles voceiro do IEM e da Plataforma SOS Groba.
A substitución das fontes de enerxía baseadas en combustibles fósiles por fontes de enerxía renovables está a esnaquizar os ecosistemas, as economías e as sociedades do mundo rural en España. A falta de planificación e a nefasta xestión das administracións públicas está a poñer nun grave perigo a supervivencia do mundo rural.
Algo que viña para salvar o medio ambiente e rexurdir a vida dos pobos, paradoxalmente estase convertendo en todo o contrario.
Ante esta situación alarmante, moitas persoas resístense a ver morrer os seus territorios e están a dar as súas vidas para poder frear esta situación.



