
“VIDAS IRRENOVABLES” na Casa Cultural de Mougás.
O vindeiro xoves, 5 de marzo, a partir das 19:30, na Casa Cultural de Mougás (Oia), terá lugar a presentación da película documental “VIDAS IRRENOVABLES. NATUREZA OU MISERIA”. dirixida por Francisco Vaquero.
O documental “Vidas Irrenovables” (2024) da produtora Metáfora Audiovisual pon o seu foco nos impactos sociais e territoriais derivados da implantación de proxectos de enerxías renovables (eólicos e fotovoltaicos) en distintas contornas rurais do Estado español. A través de testemuños de poboación local, colectivos cidadáns e persoas implicadas en procesos de defensa do territorio, a obra expón unha reflexión crítica sobre os modelos actuais de transición enerxética e os seus efectos no tecido social, a paisaxe e as formas de vida locais.
En palabras do propio Francisco Vaquero, director da película, “As plataformas están a ser a única ferramenta para tentar salvar os territorios da invasión. Ao final necesitan unirse para tentar sobrevivir a este rodete, conservar a súa identidade, cultura e forma de vida rural”.
Plenamente conscientes da forza reivindicativa da SOCIEDADE CIVIL ORGANIZADA, esta proposta forma parte da campaña informativa promovida polo IEM, SOS Groba e as Comunidades de Montes en Man Común de Viladesuso e Mougás en contra do anuncio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia do Acordo do 27 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra (DOG 04/02/2026), polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto dos parques eólicos Margarita 18 , Cote 25 , Nao 19 , Galera 25 , situados no concello de Oia, e da súa infraestrutura de evacuación LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar, situada nos concellos de Oia, Baiona e Gondomar.
A ENTRADA será LIBRE e GRATUÍTA.
Seguirase o modelo de TAQUILLA INVERSA (Aportación voluntaria).
A cantidade total recadada irá directamente a “METÁFORA VISUAL”
_____________________________________
Preme neste link para ver o trailer oficial da película:
https://www.youtube.com/watch?v=y1I9B24ES08
“VIDAS IRRENOVABLES” foi preseleccionada con 9 INSCRICIÓNS na 39 EDICIÓN DOS PREMIOS GOYA (2025)




