
Xeiras do IEM, Verán 2025. A Vila da Barca (Goián-Tomiño). “Importancia comercial e militar dun lugar”
7ª Xeiras do IEM, Verán 2025. A Vila da Barca (Goián-Tomiño). “Importancia comercial e militar dun lugar”
Nesta Xeira vamos falar do Genius Loci dun lugar determinado pola súa condición estratéxica dende as ópticas comercial e militar: A Vila da Barca. Tamén visitaremos e comentaremos os restos consevados desa poboación e os demais resultados arquitectónicos que o paso do tempo e os acontecementos históricos deixaron neste lugar sucado polo Miño.
- Data: Mércores, 20 de Agosto ás 18:30h.
- Punto de encontro: Antiga estación de Ferri de Goián
- Guía: Antonio Soliño Troncoso



