
Presentación do número 25 (2026) da REM (Revista de Estudos Miñoráns)
O vindeiro venres, 27 de febreiro, ás 20:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a nosa sede en Gondomar, presentaremos un novo número da nosa REM (Revista de Estudos Miñoráns).
Nesta ocasión trátase do número 25 (ano 2026), un exemplar que ao longo das súas 160 páxinas recolle 15 interesantes colaboracións inéditas.
No acto, que será presentado por Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM e coordinador da edición, contaremos coa intervencións dos autores e autoras dalgúns dos artigos que contén a revista.



