
As Xeiras do IEM: MONTE TETÓN. Arte rupestre
O vindeiro venres, 12 de setembro, completaremos o calendario das Xeiras do IEM-2025 coa visita á área arqueolóxica do Monte Tetón, na parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño.
Nesta xeira, guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira, arqueólogo especializado e subdirector do IEM, achegarémonos ás estacións do Real Seco e das Portaxes para contemplar algunhas das que, sen dúbida, son as mellores imaxes gravadas en pedra do mundo: os petróglifos galegos.
Preme na ligazón para acceder á presentación desta xeira:
https://www.calameo.com/read/006231724243b4d6540b2
O punto de encontro será no Alto do Padrón, no punto quilométrico 12,300 da estrada PO-344 Gondomar-Tomiño (GPS 42º 3’46.55″N 8º 44’40.32″O), ás 20:00h.
Seguiremos nos coches pola pista de terra uns 1.800m para continuar a pé os 500m finais.
Esta actividade contará con intérprete de lingua de signos e terá unha duración aproximada de 2 horas e aínda que o percorrido non supón especial dificultade deberemos salvar un certo desnivel e faremos o regreso xa de noite polo que resulta recomendable levar lanterna, calzado pechado e algunha prenda de abrigo.
SONY DSC