
Ciclo de Faladoiros do IEM: “Xornalistas e literatas nas letras galegas”, con María Xosé Porteiro
Ciclo de Faladoiros do IEM:
Baixo o título xenérico de “XORNALISMO E INFORMACIÓN” programamos no IEM este ciclo de faladoiros no que contaremos coa presenza de xornalistas de recoñecido prestixio no noso país que, dende a perspectiva da súa propia experiencia profesional e persoal, disertarán sobre cuestións vinculadas á realidade na que vivimos.
Nesta ocasión contaremos con MARIA XÓSÉ PORTEIRO, xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. que falará de “Xornalistas e literatas nas letras galegas”
Camiño Noia, catedrática emérita da Universidade de Vigo, escritora e socia do IEM, presentará á nosa convidada.
Será o vindeiro venres, 6 de marzo, ás 20:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avda. da Feira, 10, baixo, sede do IEM en Gondomar.
Continuarán o ciclo:
– “Non está a cousa tan mal como parece”, con Antón Losada, o venres 10 de abril.
– “Do retorno de Castelao no 84 á CRTVG. Manipulación permanente”, con Tareixa Navaza, o venres 29 de maio.



