
As Xeiras do IEM. MONTEBOI (Baiona)
Continuamos o noso programa de Xeiras do IEM para este verán.
“MONTEBOI (Baiona): Arte e historia. Paisaxe, talasonimia e naufraxios”
Vémonos ás 20:30 na entrada do parador para completar un percorrido circular de 2 quilómetros arredor da península de Monteboi acompañados de Xosé Lois Vilar Pedreira, historiador, arqueólogo e vicedirector do Instituto de Estudos Miñoráns.
O percorrido desta actividade, que non supón dificultade física e contará con intérprete de lingua de signos, terá unha duración aproximada de dúas horas.
Seguinte xeira: Venres, 18 de xullo. “Xeira náutica nocturna polo mar de Baiona e Panxón”




