
ANULADA a Xeira náutica nocturna polo Mar de Baiona e Panxón (18/07)
Atendendo ás previsións de condicións meteorolóxicas desfavorables para a noite do venres vémonos na obriga de anular esta “Xeira náutica nocturna polo mar de Baiona e Panxón”.
Dende o IEM lamentamos as molestias ocasionadas e habilitaremos o procedemento máis rápido e axeitado posible para o reembolso das cantidades pagadas.
Aula de Cultura Ponte de Rosas
Avda. da Feira, 10, baixo.
36380 Gondomar
oficina@iem.gal
664663283
(MERCA A TÚA PASAXE PREMENDO AQUÍ)
• Venres, 18 de xullo de 2025
• Hora de preembarque a partires das 21.30h. Hora de saída: 22:00h. Regreso ás 00:00h.
• Punto de encontro será a o peirao da Estación Marítima de Baiona ás 21:30 e o regreso ás 00:00h.
Paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, a costa da baía de Baiona, Monteferro, as Cíes e os montes do Val de Miñor dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar.
Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira
A data límite para confirmar inscrición é o xoves 17 de xullo ás 24:00h.
Obligatorio poñer o nome, apelidos e DNI de cada persoa asistente para o seguro. Grazas!
Non se fará reserva de prazas sen previa confirmación do pagamento.
Se non se chegara a cubrir 150 pasaxes, a organización podería anular a xeira e reembolsaríase o prezo dos billetes abonados descontada a comisión bancaria por transferencia
Actividade con intérprete de lingua de signos![]()



