
Xeiras do IEM 2026: “A VALGA: Entre o mar e a terra”
Este xoves, 16 de xullo, damos comezo ás Xeiras do IEM 2026, unha excelente oportunidade para descubrir recunchos singulares do noso territorio da man de persoas que o coñecen de primeira man.
Nesta ocasión percorreremos A Valga: entre o mar e a terra, un paseo para descubrir a maxia da costa de Oia, onde os cantís, o océano e a natureza se unen nunha paisaxe espectacular, rica en historia, patrimonio e tradición. Unha ruta que nos permitirá gozar de vistas inesquecibles e coñecer mellor este espazo único.
📅 Data: Xoves, 16 de xullo
🕕 Hora de saída: 18:00 h
📍 Punto de encontro: O Curro da Valga (Oia)
👣 Guías: Juan Hermida e Xosé Ramón García
Anímate a participar e comparte unha tarde de natureza, cultura e boa compañía. As Xeiras son unha oportunidade perfecta para camiñar, aprender e desfrutar do noso patrimonio entre socios e amigos.

