Xeiras do IEM 2026: A evolución dunha comunidade: A Foz
A Foz do Miñor é un espazo natural de gran valor ecolóxico, onde a interacción entre o rio, o mar e as zonas húmidas deu lugar a unha extraordinaria diversidade de fauna e flora. Ao longo do tempo, este ecosistema foi evolucionando e adaptándose aos cambios naturais e á presenza humana, converténdose nun lugar privilexiado para observar aves, plantas e outros organismos propios das rías galegas.
Convidámosvos a participar nunha ruta guiada para coñecer de preto a riqueza ambiental da Foz do Miñor, descubrir como evolucionou este espazo e comprender a importancia da súa conservación.

2 Comentarios
Mágoa, Mañan non podemos, temos veterinario a esa hora, sabemos de vos dende hai pouco.
Eu dirixin a mirada cara ao val Miñor dende que comecei a pensar que San Miguel de Oia tiña algo a ver co val miñor dende moito atrás na historia, e non solo a través do ferrocarril Baiona-Vigo da compañía TEVCA. Coñecer o Val Miñor nos seus diferentes áreas e aspectos vale a pena. A Natureza é un destes áreas.
Agardamos unha outra oportunidade para coñecervos
Un saúdo,
A. Goberna, Descendente de tranviarios de San Miguel de Oia.
Non Teño WebSite polo que non podo publicar o meu comentario …….
que dice …..: Mágoa, Mañan non podemos, temos veterinario a esa hora, sabemos de vos dende hai pouco.