
NO NORMAL Tour. (Martes 14 de abril ás 20:00)
Amigas e amigos do IEM:
Mesmo se por algún milagre a guerra de Irán parase hoxe, tendo en conta toda a desfeita que xa levamos, o mundo enfrontaríase a unha importante crise económica, xusto cando acumula unha gran cantidade de fraxilidades e burbullas financeiras.
Pero é que encima a guerra non está a acabar. Pase o que pase, non imos voltar a iso que os medios de comunicación denominan “normalidade” (a pesar que esa “normalidade” estea chea de contradicións e de prácticas horribles e aberrantes).
Non se vai a recuperar o statu quo. A nosa vida vai cambiar para sempre.
Que ese cambio supoña unha gran perda de calidade de vida ou unha transformación cara a unha sociedade máis sa, máis xusta e máis sostible, dependerá de como reaccionemos ao que se nos vén encima.
Se seguimos perseguindo o crecemento económico, teremos, no longo prazo ou non tan longo, ruína, paro e escaseza. Mesmo miseria!
Se apostamos por poñer as necesidades da xente no centro e pola sustentabilidade, poderemos construír un mundo mellor.
É agora. Non é en ningún outro momento: é agora. Hai que entender, e facer entender, que non hai volta atrás.
Antes era necesario cambiar: agora xa é imprescindible.
Por ese motivo, máis de 30 persoas (do mundo da ciencia, a divulgación e o activismo) percorrerán durante unha semana (do 13 ao 19 de abril) toda España
Nos seus faladoiros explicarán con argumentos, datos e detalles que isto se acabou. Que hai que cambiar. Que é bo cambiar. Que podemos cambiar.
Todos estes faladoiros, terán a mesma presentación como base.
Todos coa mesma mensaxe.
Cada unha das persoas que interveñan nestes faladoiros co seu xeito de entendelo e explicalo.
Cada unha, poñendo o seu tempo e o seu entusiasmo por un obxectivo común.
O vindeiro MARTES, 14 de abril, ás 20h, contaremos coa presenza de Juan Hermida, catedrático de secundaria, doutor en bioloxía e director do IEM que estará acompañado na mesa por Bruno Centelles, mestre e membro da xunta directiva do IEM.
Achégate ao IEM o vindeiro martes 14. Anímate e anima a esa persoa que xamais iría a unha charla como esta. Esa persoa á que esta charla quizá lle cambiará a vida cando veñan os eventos que por desgraza teñen que vir.
Agora é o momento. O de crear momento.
Podemos facelo.
Empeza o Non Normal Tour.
Contamos contigo!
https://www.nonormal.org/
https://www.nonormal.org/busca-charla-en-tu-zona
https://www.nonormal.org/ponentes
https://crashoil.blogspot.com/2026/04/no-normal-tour-por-que-hay-que-actuar-ya.html
https://crashoil.blogspot.com/2026/04/no-normal-tour-calendario.html


Martes 14 de abril ás 20:00
Aula de Cultura Ponte de Rosas (Sede do IEM en Gondomar)
Avda. da Feira, 10, baixo. Gondomar.





