Prezadas amigas e amigos do INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS.
O vindeiro luns, día 12 de septembro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro “ARQUITECTURAS DE INTERMEDIACIÓN NO VAL DE MIÑOR. CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS”, da autoría de Antonio Soliño Troncoso e María José Pérez González, membro e socia do IEM, no Multiusos Mercado de Sabarís do municipio de Baiona, acto ao que por este medio quedades convidados, circunstancia extensible a quen entendades interesado. A presentación tamén se celebrará en Gondomar e Nigrán en datas que serán oportunamente comunicadas.
O libro, de 671 páxinas, ilustradas con debuxos, planos e fotografías, forma parte dunha ideada colección de CADERNOS DE ETNOGRAFÍA sobre o Val de Miñor, centrados no ámbito da arquitectura, composta por seis volumes complementarios e, á vez, autónomos entre os cales o presente se corresponde co número cinco, que non obstante sae ao mercado en primeiro lugar.
Unha aperta.
Juan Hermida, director do IEM.