Conferencia Baiona 1936 por Carlos Méixome Quinteiro Xoves 18 de xullo ás 20:00h
Carlos Méixome Quinteiro, profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario ata a súa prexubilación, e un dos impulsores do Instituto de Estudos Miñoranos do que foi director ata a súa dimisión en 2015, ofrecerá a conferencia titulada Baiona 1936.
LUGAR: Capitanía Marítima de Baiona (Elduayen,20)
DATA: Xoves 18 de xullo
HORA: 20:00h
Baiona 1936
O 15 de abril de 1931, a Baiona, como no conxunto do estado, no de Galicia e no Val de Miñor chegaba un novo réxime político: A II República. Cómo era a sociedade baionesa do momento?, cáles as súas principais forzas sociais e políticas?, cal a súa base económica?, que pasou naquel breve período?, por que aquel ilusiónante novo tempo rematou coa feroz violencia desatada o 18 de xullo de 1936? Que lle pasou ás autoridades municipais, alcaldes e concelleiros, e os principais dirixentes sindicais obreiros, mariñeiros e labregos? Queremos saber destes pasados incómodos?
Carlos Méixome Quinteiro (Lalín,1954)
Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago. Foi profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario ata a súa prexubilación. Exerceu durante máis de dúas décadas no IES Escolas Proval de Nigrán .
Ten traballado en cuestións internacionais sobre as que ten publicado unha gran cantidade de artigos e, en colaboración co Instituto galego de Documentación Internacional (IGADI): O conflito dos Balcáns. A ex – Iugoslavia (1994), Rusia, das orixes á crise dun modelo (1996) e Cuba, independencia e revolución (1998).
Sobre historia contemporánea publicou: Textos e Documentos para a historia contemporánea de Galicia. Século XX (1999) e Castelao: Unha historia do nacionalismo galego (2000) e Javier Alonso Salgueiro, unha achega biográfica e documental (2014).
En 2014 publicou unha escola de artigos de prensa baixo o título de Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001-2014.
Dende 2014 mantén un blog denominado Pé do Galiñeiro para recoller os seus artigos de prensa. Entre 2017 e 2018 fixo o exercicio de publicar un artigo diarios, 365, que difundiron o blog que supera as 120.000 visitas.
Na actualidade colabora habitualmente e dende hai anos en diversos medios como A Peneira, Tempos Novos ou Novas do Eixo Atlántico e na revista Cousas así como en revistas de historia como Murguía ou de historia de educación como Sarmiento.
Estudou a represión franquista no sur da provincia de Pontevedra, nomeadamente no Val Miñor e Baixo Miño, sobre o que ten publicado unha gran cantidade de artigos en diversas publicación e libros colectivos. Campo sobre o que segue investigando.
En 1999 foi un dos impulsores do Instituto de Estudos Miñoranos do que foi director ata a súa dimisión en 2015.
Vinculado dende a súa época de estudante o nacionalismo galego; participou na fundación do BNG, en 1982, e foi membro do seu primeiro consello nacional así como na fundación de ANOVA e formou parte da súa primeira comisión executiva ata a súa dimisión en 2014.