
Faladoiro do IEM: Sobre o libro “A Fraga esborrallada”, crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos
O IEM presenta no seus faldoiros a Pedro Alonso Iglesias (biólogo), que nos falará do seu libro “A Fraga esborrallada”, crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos.
Contaremos coa presenza de Alfredo López e Marta Dacosta. Falarán da xeración que se veu en chamar “explosión naturalista e ecoloxista” dos anos oitenta, os seus logros e fracasos. Crónica dunha xeración e dun tempo de transformación da Galicia rural.
Unha memoria da nosa historia que Pedro Alonso plasma en nove capítulos e trescentas vinte páxinas, unha realidade que nos permite reflexionar sobre o pasado e visualizar un escuro futuro, onde a resistencia convírtese en esperanza.
Contamos con vós
Venres, 12 de Decembro ás 20:00h
“Aula Ponte de Rosas”
Avda. da Feira, 10 baixo
Gondomar



