
O IEM denuncia a gravísima afectación patrimonial que causaría o PE TOROÑA
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) ven de presentar denuncias ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o Instituto de Estudos do Territorio e o Concello de Baiona, pola gravísima afectación patrimonial que causaría o Parque Eólico Toroña, e en concreto a implantación dos aeroxeradores T1, T2 e T3, se éste conseguira finalmente unha DIA favorable.
Máis de 20 restos arqueolóxicos sen catalogar e sen descubrir ningún deles polos arqueólogos contratados pola promotora do P.E. na redacción do “Estudio de impacto arqueolóxico para o PE Toroña (O Rosal, Oia, Baiona)” que conforma o proxecto, quedarían irremediablemente afectados, cando non definitivamente destruidos pola construción de dito parque.
É polo tanto urxente que as administracións actúen  con celeridade e eviten cos seus informes sectoriais que se produza esta desfeita irreversible. Lembremos que o P.E. Toroña está en este momento a exposición pública e en período de alegacións ata o vindeiro 23 de xaneiro e as administracións están redactando os preceptivos informes sectoriais relativos ao parque eólico. Denuncia do proxecto diante da D.X. de Patrimonio Cultural
Denuncia do proxecto diante da D.X. de Patrimonio Cultural
Afeccións ao patrimonio (zona norte T1, T2 e T3)

 
					

