
O IEM denuncia a gravísima afectación patrimonial que causaría o PE TOROÑA
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) ven de presentar denuncias ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o Instituto de Estudos do Territorio e o Concello de Baiona, pola gravísima afectación patrimonial que causaría o Parque Eólico Toroña, e en concreto a implantación dos aeroxeradores T1, T2 e T3, se éste conseguira finalmente unha DIA favorable.
Máis de 20 restos arqueolóxicos sen catalogar e sen descubrir ningún deles polos arqueólogos contratados pola promotora do P.E. na redacción do “Estudio de impacto arqueolóxico para o PE Toroña (O Rosal, Oia, Baiona)” que conforma o proxecto, quedarían irremediablemente afectados, cando non definitivamente destruidos pola construción de dito parque.
É polo tanto urxente que as administracións actúen con celeridade e eviten cos seus informes sectoriais que se produza esta desfeita irreversible. Lembremos que o P.E. Toroña está en este momento a exposición pública e en período de alegacións ata o vindeiro 23 de xaneiro e as administracións están redactando os preceptivos informes sectoriais relativos ao parque eólico.Denuncia do proxecto diante da D.X. de Patrimonio Cultural
Afeccións ao patrimonio (zona norte T1, T2 e T3)