
Ciclo de Faladoiros do IEM: “Non está a cousa tan mal como parece”, con Antón Losada.
Ciclo de Faladoiros do IEM:
Baixo o título xenérico de “XORNALISMO E INFORMACIÓN” programamos no IEM este ciclo de faladoiros no que contaremos coa presenza de xornalistas de recoñecido prestixio no noso país que, dende a perspectiva da súa propia experiencia profesional e persoal, disertarán sobre cuestións vinculadas á realidade na que vivimos.
Nesta ocasión contaremos con ANTÓN LOSADA, catedrático de Ciencia política na USC e xornalista, que explicará ao auditorio que “Non está tan mal a cousa como parece”.
Tino Lago, xornalista e director de “A Nova Peneira”, presentará ao noso convidado.
Será o vindeiro venres, 17 de abril, ás 20:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avda. da Feira, 10, baixo, sede do IEM en Gondomar.
Remataremos este ciclo de faladoiros con “Do retorno de Castelao no 84 á CRTVG. Manipulación permanente”, con Tareixa Navaza, o venres 29 de maio.




