Outubro, MES DA MEMORIA no Val de Miñor.
Como nos últimos anos, o IEM programa no mes de outubro actos para homenaxear e honrar ás persoas que foron perseguidas, depuradas e asasinadas polo réxime franquista, nomeadamente aos da Volta dos nove, aos Ineses e a Dolores Samuelle.
Despois de 17 anos, dende aquel 15 de outubro de 2005 no que inauguramos na curva da Bombardeira a escultura monumento, obra do artista miñorán Fernando Casás, seguimos a homenaxear aos nosos veciños asasinados cunha ofrenda floral e diversos actos nos concellos de Baiona e Nigrán.
Este ano será o sábado, día 15 de Outubro:
BAIONA: Ás 11:00h no cemiterio de Sabarís, para continuar no cemiterio de Baiona e na Volta dos Nove, no lugar no que foron asasinados.
NIGRÁN: Ás 12:00h será a ofrenda floral en Panxón, diante do monumento que o concello de Nigrán lle instalou diante do pavillón municipal.
Os concellos de Baiona e Nigrán, cos que o IEM colabora, programan neste mes actos dedicados aos seus veciños asasinados e na memoria de todas e todos os represaliados. O IEM súmase a eses actos e convida a toda a veciñanza a asistir a eses actos.
ACTOS PROGRAMADOS EN BAIONA:
1 de outubro: Multiusos de Sabarís. Presentación do documental e libro sobre a figura de Pepe Velo. Aser Álvarez.
14 de outubro, 19 h. Multiusos de Sabarís : Presentación cómic Volta dos nove.. Kico Dasilva.
ACTOS PROGRAMADOS PARA NIGRÁN: