
Xeira Náutica polo Mar de Baiona e Panxón: Continua lendo e merca a túa pasaxe
PREME AQUÍ PARA MERCAR A TÚA PASAXE
Xeira Náutica polo Mar de Baiona e Panxón
No marco das Xeiras do IEM 2026, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza unha nova Xeira Náutica polo Mar de Baiona e Panxón, unha actividade que convida a descubrir desde o mar a historia, a paisaxe e o patrimonio mariñeiro dun dos treitos máis singulares da costa galega.
A travesía celebrarase o mércores 19 de agosto, con saída ás 21:30 horas desde o Peirao de Baiona.
A actividade estará guiada por Xosé Lois Vilar, quen achegará aos participantes unha visión histórica, cultural e etnográfica do litoral, poñendo en valor a relación entre o mar e as comunidades que habitaron e habitan este territorio.
As persoas interesadas poden reservar a súa praza a través da páxina web do IEM (www.iem.gal).
O prezo da actividade é de 18 euros para as persoas non socias e de 15 euros para as persoas socias.
A realización da xeira está condicionada a un mínimo de 150 prazas cubertas.
Esta proposta constitúe unha magnífica oportunidade para vivir unha experiencia diferente, gozando dunha travesía ao solpor mentres se afonda no coñecemento da historia, da paisaxe e do valioso patrimonio marítimo de Baiona e Panxón.



