
Presentación do documental e a exposición sobre Pepe Velo
Es te próximo venres día 20 de novembro, ás 20 h no local do Insituto de Estudos Miñoráns, IEM, en Gondomar, terá lugar a presentación do documental e a exposición sobre Pepe Velo de Arraianos Producións, dirixida por Aser Álvarez. Contaremos co presenza de Aser Álvarez que nos falará sobre Velo e o traballo de recuperación da súa memoria.
Animal político, Xosé Velo non foi animal de rebaño. Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, malia ter vivido en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior como no exterior (co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro do Santa María), segue sendo un recordo borroso para os vellos, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos.
Menos coñecidos aínda son os seus escritos. É certo que non puido ou non quixo facer carreira de escritor, mais nunca deixou completamente de escribir e, en menor medida, de publicar. Toucou moitos paus: poesía, ensaio, artigos, prólogos, discursos, cartas… Case sempre movido polas urxencias históricas de cada día; ás veces, tratando de descifrar unha estraña música que escoitou por primeira vez nalgún lugar oculto de Celanova.
Este sitio aspira modestamente a remediar a situación anterior dando a coñecer unha mostra ampla dos escritos de Velo. Cincuenta anos despois da súa morte, está por ver se —para alén de seren testemuña do paso dun home polo mundo— teñen algo permanente que dicirnos.
ARRAIANOS PRODUCIÓNS
Aser Álvarez: “O reto é buscar sempre a singularidade e a excelencia”
No ano 2012, varios profesionais con perfís multidisciplinares, amantes do cinema e das artes visuais, deciden agruparse e crear unha produtora independente, denominada Arraianos Producións, coa que levan dez anos a desenvolver proxectos cinematográficos, audiovisuais e multimedia, sempre relacionados coas artes ou coa recuperación e a divulgación da cultura e do patrimonio material e inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal, dende unha perspectiva antropolóxica e cun enfoque contemporáneo.
Aser Álvarez González, nado en Bande o 20 de xuño de 1976, é un cineasta e xornalista galego.
Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista en Comunicación Audiovisual. Mestrado de Xornalismo de El País.[1] Foi redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser. Gañou o premio ao mellor documental radiofónico no I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Dirixe Arraianos Producións[2] e Ficrural. É membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión.
En 2019 dirixiu e presentou Anacos de vida na TVG: A Illa de Arousa, A Estrada, Maceda, Cambados, Carral, Bueu, Santa Comba, Guntín, Noia, foron os lugares escollidos.[3]
En 2024 empezou a preparación dun proxecto sobre o escritor Graham Greene, a súa estadía na Galiza e a súa amizade co cura Leopoldo Durán.[4] En 2025 foi o comisario de 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro.[5]
Venres 20 de novembro ás 20 h ,Local do IEM , Aula de Cultua Ponte de Rosas,



