
Presentación do libro “Lusitania en el horizonte”
- Publicado por IEM
- Data 12 Setembro 2026
- Categorías Destacadas
- Comentarios 0 Comentarios
Presentación do libro Lusitania en el horizonte
O vindeiro 25 de setembro de 2026, ás 20:00 horas, terá lugar na Aula de Cultura de Ponte de Rosas, en Gondomar, a presentación do libro Lusitania en el horizonte. Viajar y reflexionar en torno a una región rayana, do autor Juan Rebollo Bote.
A obra achéganos á historia, á cultura e ao territorio da Raya, explorando os vínculos históricos que ao longo do tempo conectaron Galicia e Estremadura. Unha viaxe para descubrir paisaxes, memoria, tradicións e relacións humanas que transcenden as fronteiras administrativas.
O acto será presentado por Zalo de Paramos e ofrecerá a oportunidade de coñecer de primeira man esta obra, que invita a reflexionar sobre os lazos compartidos entre dous territorios cunha longa historia de encontros e conexións.
📍 Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas
Avda. da Feira, 10, Baixo – 36380 Gondomar
📅 25 de setembro de 2026
🕗 20:00 h



