
XLII XEIRA ALÉN MIÑOR: “O BIERZO GALEGO”

Benqueridos amigos e amigas do IEM:
Estamos de volta, non sen tempo, coas xeiras Alén de Miñor do IEM.
Este pasado domingo tivo lugar a xeira XLI (Por Terras de Cerdedo ).
Da man do poeta, etnógrafo e cidadán do mundo Calros Solla démoslle continuación a extraordinaria xeira que fixeramos hai anos por Portalén e o Monte Seixo.
Novas localizacións cheas de misterio, lendas, patrimonio natural e popular leváronnos a percorrer Tabeirós e Terras de Montes.
A xeira XLII (Bierzo Galego) farémola do martes 13 ao venres 16 de outubro.
Catro días / tres noites. Durmindo en Ponferrada.
Percorreremos , de novo, territorios do antigo reino de Galicia, onde o idioma ainda resiste.
Serán 4 días ateigados de paisaxe e lugares (agardamos que novedosos) enfeitizantes.
Prezo: 315 € socios/-as do IEM e 325 € as persoas non asociadas. Suplemento habitación individual: 90€
O prezo inclúe bus, seguro, pernocta das tres noites de hotel en habitación dobre+ almorzo, catro comidas, guías e visitas.
Inscripción mínima: 48 persoas.
CONTA CAIXABANK: ES61 2100 5752 6602 0042 9872.
IMPORTANTE:
Como noutras ocasións, para anotarse é imprescindible poñerse primeiro en contacto por watsapp co número 627276816.
Unha vez confirmemos a inscripción agradecemos que se faga o ingreso da xeira de contado.
É NECESARIO , ao formalizar o ingreso, indicar nome e apelidos da persoa ou persoas anotadas facendo constar XLII Xeira alén Miñor.



