Candidatura á dirección e á nova Xunta de Goberno do IEM.
Atendendo ao disposto no CALENDARIO ELECTORAL correspondente ao proceso de renovación da dirección e da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), unha vez transcorridos os prazos previstos e non habendo impugnacións e/ou reclamacións contra a única candidatura presentada, a Xunta Electoral eleva a definitiva a asinada por D. JUAN HERMIDA LAGO.
O calendario electoral sinalaba o luns 26 de outubro como data para a celebración da Asemblea de socios e socias na que se debería votar e ratificar esta candidatura pero, dadas as actuais condicións sanitarias derivadas do COVID19, a actual Xunta de Goberno -en funcións- do IEM decidiu, na súa xuntanza ordinaria do pasado luns 19 de outubro (acta núm. 217), adiar a convocatoria desta Asemblea até o restablecemento da normalidade das condicións sanitarias.
- Calendario electoral.
Día 17 de Setembro: Convocatoria
Días 18 a 21 de Setembro: Elección e constitución da xunta electoral.
Días 24 a 29 de Setembro: Exposición pública do censo electoral na sede do IEM.
Días 25 a 27 de Setembro: Presentación de reclamación ao censo electoral.
Día 30 de Setembro: Resolución das reclamacións ao censo electoral e exposición definitiva.
Días 1 a 3 de Outubro: Presentación de candidaturas.
Días 4 a 14 de Outubro: Exposición pública das candidaturas presentadas.
Días 15 a 18 de Outubro: Impugnacións e reclamacións ás candidaturas presentadas.
Día 19 de Outubro: Resolución das reclamacións e publicacións das candidaturas definitivas
Día 26 de Outubro: Celebración das eleccións á directiva do IEM.