Amando Miniño Granja (01/05/1930 – 03/01/2025)
O señor Amando gardaba no seu maxín un coñecemento exhaustivo sobre Baredo, a terra onde nacera o primeiro de maio de 1930, na Casa das Xestas. Como calquera neno do seu tempo non dubidaba onde quedaban As Coviñas do Feito, A Chan de Val de Vermello, O Pinal do Rei ou A Regueira das Mixiñas. Aínda cando a vista lle fallaba, distinguía ao lonxe as burras da casa. Amando era unha enciclopedia non coleccionable, única e irrepetible dentro do rico patrimonio de tradición oral que nos esvaece cada día. Axexando o Atlántico, dende Os Outeiros das Eiras, marchou triste de sentimento aínda que moi arroupado polos seus. Xusto, bo e xeneroso, Amando deixou algo do moito que leva.
Agradecido.
Descanse en paz.
Texto: Anxo Rodríguez Lemos, mebro do IEM e Cronista oficial da vila de Baiona de Miñor.
“Amando o común“,
Semana galega de filosofía. A filosofía do patrimonio. O patrimonio común.
Pontevedra, abril 2018.
https://youtu.be/sfO0v-w47lA