
Ciclo de FALADOIROS DO IEM: “Xornalismo e Información”
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) organiza un novo ciclo de faladoiros. Nesta oportunidade as intervencións das nosas convidadas e convidados versarán sobre o tema xenérico “XORNALISMO E INFORMACIÓN”
Comezaremos o ciclo o venres, día 20 de febreiro, co moso primeiro convidado, David Reinero, co seu faladoiro “De onde saen as noticias?”
O venres 6 de marzo contaremos coa presenza de María Xosé Porteiro que falará de “Xornalistas e literatas nas letras galegas”
Xa en abril, o venres día 10, Antón Losada compartirá con nós o seu parecer con “Non está a cousa tan mal como parece”
Tareixa Navaza falará o venres 29 de maio de manipulación informativa na RTVG co seu faladoiro “Do retorno de Castelao no 84 á CRTVG. Manipulación permanente”
Todos estes faladoiros terán lugar ás 20:00h na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, 10, baixo, a sede do IEM en Gondomar.
.



