Comeza o Obradoiro Práctico de Poesía en Gondomar. RUSSIAN RIVER VALLEY, SONOMA, COUNTY, SEBASTOPOL, CALIFORNIA. POESÍA DE FRONTEIRA
O pasado sábado 20 de xaneiro deu comezo o obradoiro Práctico de Poesía que organiza o IEM en colaboración co Concello de Gondomar. RUSSIAN RIVER VALLEY, SONOMA, COUNTY, SEBASTOPOL, CALIFORNIA. POESÍA DE FRONTEIRA, impartido por María Álvarez Martínez, Masha, gañadora do XV Certame de poesía Victoriano Taibo.
O obradoiro, de carácter gratuíto, constará de seis sesións presenciais que se desenvolverán, ademáis do pasado 20 de xaneiro, os sábados 3 e 24 de febreiro e 2, 9 e 16 de marzo en horario de 11 a 14 horas na sede do IEM en Gondomar.
Velaquí unhas imaxes da primeira sesión, que contou coa presenza do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.