Victor Rodríguez e Xulián Maure presentan 2 publicacións da colección Gallaeciae Monumenta Historica
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez co director do Instituto de Estudos Miñoráns, Juan Hermida, teñen o pracer de convidar á presentación das publicacións da colección Gallaeciae Monumenta Historica:
Os mosteiros de Santa Maria de Tomiño e Santa Baia de Donas na Idade Media, Estudo histórico e colección documental de Víctor Rodríguez Muñíz
e
Documentos medievais de Santa María de Baiona (1274-1531) de Xulián Maure Rivas
- Acollida e presentación: Juan Hermida.
- Intervención inicial: Rosario Álvarez.
- Presentacións: Víctor Rodríguez, Xulián Maure, Francisco Pérez e Anxo Rodríguez.
O acto terá lugar o venres 14 de xuño de 2024, ás 20:00 horas, na sala de cultura do Instituto de Estudos Miñoráns.
Venres 14 de xuño
Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10.
20:00h