ROSA M TRISTÁN NO CICLO DE CONFERENCIAS CRISE CLIMÁTICA OU CRISE DO SISTEMA?
Este venres 10 de maio terá lugar ás 20h no local do IEM a conferencia de Rosa M. Tristán “Comunicación ambiental, entre as mensaxes que non chegan e as “fake news”“.
O acto será presentado por Tino Lago, director do xornal “A Nova Peneira”
Vivimos nun mundo saturado de información onde toman protagonismo as redes sociais fácilmente accesibles dende os nosos teléfonos móviles. Non é difícil perderse e tomar en consideración o que non é importante, nin tan sequera real, e cair nas redes das manipulacións.
O cambio climático, como ingrediente central da crise ambiental sistémica na que vivimos, pon en cuestión o modelo económico onde grandes empresas mundiais negocian de punta a punta do planeta cos alimentos que comemos, a ropa que vestimos ou a tecnoloxía que usamos polo que empregan grandes cantidades de diñeiro en lanzar mensaxes que confundan, incluso financiar investigacións que contradigan o que a ciencia en xeral está diagnosticando.
Ter algunhas pistas de cómo navegar polas redes sociais sen perderse, sen acabar caendo na “desinformación” para non caer na intoxicación con mensaxes interesados, é fundamental.
Disto falaranos Rosa M. Tristán, periodista especializada en divulgación científica e ambiental.